#interferenciaVarada é a última proposta da compañía de teatro Xerpo e a primeira vez que se xuntan sós no escenario as creadoras Irene Moreira e Álex Sobrino para preguntarse se realmente é posíbel viaxar na realidade espazo-temporal que vivimos. O haiku, os púlsares e máis descubrimentos agárdannos nunha proposta chea de honestidade, poética e asombro.

A proposta nace da iniciativa de trascender as limitacións espazo-temporais que nos atan para poder facer posible o traballar con Rosa Romero, creadora de Cádiz, a raíz das primeiras propostas comezamos a pensar máis profundamente no espazo e no tempo e non puidemos evitar pensar nun xénero poético que centra a súa arte no tratamento deste concepto, o Haiku, e pensar neste xénero poético levounos directamente a Helena Villar Janeiro, escritora e creadora galega cunha marabillosa produción de haikus.

Os haikus de Helena transportáronnos á natureza, ao exterior, ás estrelas. E nas estrelas atopámonos con Jocelyn Bell, e cruzámonos con Hedy Lamarr mentres tratabamos de viaxar no tempo con Hannah Courtoy.

Irene e Álex profundizan nestra proposta na linguaxe corporal e escénica nunha comunicación máis directa, técnica sen artificio, sensibilidade ao natural. Unha conversa entre a textura e a luz que tinxe de calor a mirada e alude aos sentidos.

Irene e Álex profundizan nestra proposta na linguaxe corporal e escénica nunha comunicación máis directa, técnica sen artificio, sensibilidade ao natural. Unha conversa entre a textura e a luz que tinxe de calor a mirada e alude aos sentidos.

Este espectáculo constitúe unha pedra angular na produción de Xerpo, é unha peza que consideramos un antes e un despois, de volta ás orixes coa mirada posta no futuro.

 

Interpretación: Álex Sobrino e Rossa Fontao

Deseño tecnolóxico  e iluminación: Álex Sobrino

Haikus de Helena Villar Janeiro procedentes de “Poesía mínima/Minimal Poetry” (Alvarellos, 2018) e do blogue “Tirar do fío”

(helenavillarjaneiro.wordpress.com)

Espazo Sonoro: Irene Moreira.

Dirección de Escena e Dramaturxia Irene Moreira

Produción: Xerpo Cultural

Residencia en Ingrávida