Máis información

Novo espectáculo

Continúa cara abaixo

O último espectáculo que Xerpo estreará o día 4 de decembro é un espectáculo tecnolóxico, onde tratamos de espertar no público o interrogante de: onde chegará a tecnoloxía?

Para iso inspirámonos nun clásico da literatura universal, A Metamorfose de Kafka, e nun profundo estudo dramatúrxico do mesmo para situar a un Gregor Samsa futuro nunha contorna que non variou moito, o mundo segue igual e el, coma os grandes e descoñecidos xenios, traballa nun proxecto que pode cambiar a concepción que o ser humano ten de VIDA.

Gregor Samsa é un programador que traballa para unha empresa que abusa dos seus servizos, é un mileurista do que depende toda a súa familia e, no seu tempo libre, traballa nun emulador do pensamento humano que, en teoría, sería capaz de reproducir o pensamento dunha persoa concreta. A falla de financiamento e a curiosidade lévano a probar nas súas carnes a técnica. Así comeza unha obra na que o “monstruoso insecto” da Metamorfose orixinal vese convertido nun insecto social, un incomprendido, un inadaptado.

Para este espectáculo contan ademais  con Diego Valeiras para o vestiario e coa supervisión de Mariana Carballal.

Rúa Pérez Leirós, 3

@xerpo

vcard